Alberte Montes | Sobre Min
15744
page,page-id-15744,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,paspartu_enabled,paspartu_on_bottom_fixed,qode_grid_1300,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-9.4.1,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
alberte_sobre_mi

Sobre min

(Anguieiros 1986, Buenos Aires 2037)

 

Actor, cómico e guionista. Para que despois diga súa nai que non fai nada.

 

Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona ó tempo que ampliaba os seus recursos como actor en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown, loita escénica ou casting.

 

Participou en series de ámbito nacional como Fariña (Antena3) ou Matar al padre e Vida Perfecta (de Movistar+). Na TVG (Televisión de Galicia) formou parte do elenco das comedias Augasquentes e Do dereito e do revés.

 

En cine colaborou en películas como REC 4 de Jaume Balagueró ou El Olivo de Icíar Bollaín.

 

En teatro traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual representou espectáculos en varios teatros de Barcelona como Teatreneu ou Teatre Llantiol.

 

Como cómico profesional acumula máis de 1.000 actuacións en directo nos seus doce anos de carreira, nos que ten compartido escenario con artistas como Ignatius, Luis Álvaro, Álvaro Velasco, Albert Boira, Toni Moog ou Carlos Blanco. Percorreu gran parte do territorio nacional e forma parte da plantilla de cómicos do canal Comedy Central, onde gravou dous monólogos para o programa Central de Cómicos.

 

En televisión, traballou tamén como colaborador e reporteiro nos programas Los lunes al GOL e Los infiltrados de GOLtv.

 

Colaborou tamén en diferentes programas de humor como Buenas noches y Buenafuente, En el aire ou Land Rober, entre outros.

 

Colabora puntualmente no programa La ventana de la Cadena SER.

 

Escribiu e dirixiu pezas de microteatro, curtametraxes, webseries, spots…